mércores, 17 de maio de 2017

CARLOS CASARES, UNHA VIDA ARREDOR DAS LETRAS GALEGAS

  
Hoxe festexamos a lingua galega e lembramos a unha persoa boa e xenerosa. Carlos Casares viviu arredor da lingua, dende moitos ángulos. Din os que o coñeceron que era un grandísimo conversador, ademais dun grande escritor. Casares participou do primeiro parlamento autonómico nun momento en que a política era ilusión, esperanza e certeza dunha vida mellor. Alí traballou en equipo para elaborar a lei de Normalización Lingüística e crear o Consello da Cultura Galega.  Tivo unha columna de opinión en galego no xornal  “La Voz de Galicia” durante anos. Como difusor doutros autores chegou a ser director da Editorial Galaxia e da Revista Grial. Traballou como docente ata o fin dos seus días en diversos centros. Casares foi moi consciente da importancia de ter aos nenos e as nenas en contacto coa lingua escrita en galego e para eles escribiu varios libros que son os que nos destacamos na exposición que temos a entrada da escola. Tamén veredes expostos os carteis creados polo alumnado do Ceip Anxo da Garda.



Estes días nas aulas estamos a facer algunhas cousiñas relacionadas coas letras e con Casares adaptadas as idades do noso alumnado. O venres faremos unha actividade conxunta na biblioteca como peche da semana.


Como todos os anos estamos moi agradecidas ao Seminario Galán e ao seu director Armando Herrero por facernos partícipes do seu traballo, referente para todo o ensino de Galicia e para todo o que queira saber máis sobre as Letras Galegas.


http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/


Si queredes máis información aqui vos deixamos algunhas páxinas de interese

http://primaveradasletras.gal/

http://fundacioncarloscasares.org/

http://academia.gal/inicio




Moi bo día a todos e a todas

Ningún comentario:

Publicar un comentario