xoves, 9 de marzo de 2017

MULLERES TRABALLADORAS, MULLERES CREADORAS

Hoxe conmemoramos o día da muller traballadora. Este ano seguindo o lema das bibliotecas escolares de Galicia “Bibliotecas escolares, territorio das artes”  decidimos facer unha pequena selección de mulleres galegas traballadoras e creadoras. Escollemos dúas pintoras (Maruja Mallo e Julia Minguillón), dúas músicas (Cristina Pato e Uxía Senlle) e dúas escritoras (Rosalía de Castro e Fina Casalderrey)

Maruja Mallo foi unha pintora inscrita na xeración do 27, relacionada con Dalí, Lorca, Alberti, etc, que pasou polo exilio e foi revalorizada coa democracia.
Julia Minguillón  foi membro da Real Academia Galega e ten no seu haber a medalla de Belas Artes nacional cun cadro sobre unha escola galega “A escola de Doloriñas”.
Fina Casalderrey é unha coñecida escritora de libros infantís e xuvenís, algúns dos cales atesouramos na nosa biblioteca.
Cristina Pato destaca como gaiteira a nivel internacional. O grupo “Silk Road Ensemble” ao que pertence ven de gañar un premio “grammy”.
Uxía Senlle é unha das mellores voces de Galicia e tamén participou na creación de discos que empregamos moito na escola.


Na entrada da Escola temos unha exposición cos materiais da biblioteca relacionados e os traballos que os nenos e as nenas están a realizar nas aulas. Non deixedes de botarlle un ollo os blogs das aulas para ver os procesos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario