mércores, 9 de marzo de 2016

OS VALORES DAS MULLERES

Ilustración de Luis Dávila
O 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller. O mes pasado lembrábamos a Rosalía e estes días falamos de moitas mulleres: mulleres próximas, mulleres famosas, mulleres anónimas…Todas únicas e valiosas. En cada aula se incluíu unha lectura. Dende Bibliorrodis saíron a petición das mestras os seguintes títulos:

  • O libro dos porcos de Anthony Browne (Ed. Kalandraka)
  • La pequeña gran Amelia Earnhart de Mariadiamantes (Ed. Alba)
  • La pequeña gran Frida Kalho de Gee Fang Eng (Ed. Alba)
  • Yo, Jane de Patrick McDonell (Ed. Océano)





Na aula de 3 anos fixeron unha xuntanza con nais e pais e prepararon e compartiron un rico biscoito. Na aula de 4 anos falaron de mulleres fortes e valerosas.

Vamos a pararnos un chisco na aula de 5 anos para ver o que fixeron:

Partindo da lectura de Yo, Jane sobre a infancia e os soños da pequena Jane,  actual  doutora Jane Goodall, falamos do que quererían ser de maiores  e  enlazamos co emocional, do que a doutora Goodall  sabe moito, e que nos parece fundamental . Coa axuda da mestra Beti, tras un periodo de posta en común reflexiva, realizaron unha actividade na que se englobaron diversos aspectos do curriculum tales como a habilidade motriz fina, a numeración, a lectoescritura e  a creación plástica entre outros. Tamén se tratan os erros como parte do proceso de aprendizaxe. O producto físico da actividade e un xogo coñecido como “Come cocos”, no que os nenos apuntaron números e verbas fermosas para dicirlle a unha muller que apreciamos. E logo… a xogar!



diamuller16 - Kizoa Movie Maker

Aquí podedes ver un video de mulleres do centro comercial Espacio Coruña con moitas mulleres, a maioría anónimas, pero onde tamén hai caras coñecidas como a gaiteira Susana Seivane ou a escritora Yolanda Castaño, da que temos obra en Bibliorrodís.


Ningún comentario:

Publicar un comentario